domingo, 29 de noviembre de 2009

BOLSAS PARA O LIXO

Estase a xerar moito debate sobre a conveniencia de eliminar as bolsas de plástico nos supermercados.
De feito, algunha área comercial deixou de facilitar bolsas de plástico gratuitas aos seus clientes desde o 1 de novembro.
¿E unha medida ecolóxica? ¿Que é o que opinades?

Deixo unha páxina para a vosa reflexión e espero que nos facilitedes vos outras

http://www.bolsacoco.com/

martes, 20 de octubre de 2009

Aforro en iluminación

É interesante que fagades unha visita á páxina web do parque eólico de Sotavento, na área educativa podedes atopar dúas actividades interactivas sobre:

  • Aforro en iluminación
  • Consumo en espera e oculto no fogar

http://www.sotaventogalicia.com/area_divulgativa/zona_interactiva.php


Recordade que o aforro enerxético é responsabilidade de cada un de nós e que o aforro no fogar tamén é exportable ao Instituto.

martes, 19 de mayo de 2009

OS PLÁSTICOS


Os plásticos están presente na nosa vida dun xeito abrumador. Non se trata de demonizar este material, senón de aprender a empregalos dun xeito racional e ecolóxico.


Os alumnos de 2º de bacharelato e o ciclo de CAFDEMasistiron a unha conferencia sobre este material impartida polo Centro Galego dos Plásticos. Puideron observar como se fabrica un tapón de plástico in situ. Tamén se trataron aspectos relativos á minimización do impacto ambiental no emprego dos plásticos.

domingo, 17 de mayo de 2009

BICICLETAS URBANAS

O emprego das bicicletas en lugar do coche é completamente ecolóxico ademais de divertido e sano.

Por outra banda se aproveita moito mellor o espazo urbano, xa que na mesma praza na que aparcamos un turismo pequeno poderíamos aparcar moitas bicicletas.

Outra cousa importante é que se fai exercicio. Trabállanse as pernas e o corazón (resistencia aeróbica), tamén o equilibrio.

AFORRAR ENERXÍA NA CASA


É POSIBLE AFORRAR ENERXÍA NA CASA SEGUINDO UNS SINXELOS CONSELLOS

Aforrar enerxía en iluminación, en calefacción, en auga, no lixo, no emprego de electrodomésticos...

Pincha aquí para saber como facelo
Fonte: Boletín consumer www.consumer.es



IR AO BAÑO DE FORMA ECOLÓXICA

Diversas accións permiten un consumo máis económico e ecolóxico da auga, o papel hixiénico ou a enerxía no baño.

Pincha aquí para ler máis.